Espectáculo

Jako el Muzikante

No items found.

Constantinopla, 1902. Nun Café Amán, gregos, turcos, armenios e sefardís descendentes dos xudeus expulsados de España no 1492 reúnense clandestinamente para cantar nun estilo oriental pezas de amor, humor e outras que falan da súa realidade política e social. Jako el Muzikante, Jako o buscavidas, malvive cantando en bodas e festas de bar mitzvá ao tempo que rouba o que pode aos seua complacidos e, moitas veces, bébedos clientes. Un tempo despois, o Imperio Otomán cae e Grecia, Turquía e Armenia adoptan estas músicas e as adaptan dentro das súas novas fronteiras, pero as melodías sefardís caen no esquecemento pola complicada sutuación que atraviesan os seus intérpretes. Ven al Luna Park (2019) supón o primero proxecto de recuperación da música urbana sefardí dos xudeos de orixe peninsular levado a cabo por Xurxo Fernandes tras anos de investigación nas comunidades sefardís de Estambul, Esmirna, Sofía, Plovdiv, Samakov, Atenas, Tesalónica e Xerusalén. O libro-cd contén abundante información sobre os trece temas, ademáis de curiosidades e información acerca de todas as pezas e dos intérpretes e informantes aos que Xurxo entrevistou. Este espectáculo pisou importantes escenarios de Israel, Turquía e España, nos que Xurxo transformouse en Jako de principio a fin, manexando con virtuosismo o idioma ladino e ofrecendo un show único no que se acompaña de brillantes músicos. Un directo que recorda a aqueles sinuosos cafés orientais, no que o público é capaz de entender case á perfección a lingua sefardí e conectar de principio a fin con este curioso, carismático e elegante personaxe.

OUTROS ESPECTÁCULOS